Mapa de institucións participantes no CCPBG

No mapa de embaixo poden verse as institucións participantes por localidades. Situándose enriba de cada punto poderá verse a información sobre cada institución. Usando os signos + e - que se atopan sobre o mapa poderase achegar ou afastar, tamén pode facerse o mesmo coa rodiña do rato. Premendo no símbolo da casiña vólvese á vista por defecto do mapa.

No recadro superior da dereita, onde se atopa a lupa, poden facerse buscas de localidades ou enderezos concreto.

Por medio deste símbolo     pódese cambiar o mapa base (tipo rueiro, topográfico, en negro etc).

Premendo sobre esta frecha   poderase acceder a outra información aportada polo mapa. Na pestana "Legend" está activada a capa do mapa sobre as institucións participantes, desmarcando esta opción, poderanse activar outras capas : 

-Número de títulos catalogados no CCPBG en cada institución. O punto é máis grande nas institucións onde se catalogaron máis títulos. O mapa pode ampliarse ou reducirse como queda explicado enriba. Desmarcando esta opción pode verse outras :

-Anos nos que se comenzou a traballar en cada institución por períodos.

Para ver o mapa noutra pestana do navegador, pode premerse en "View larger map".