Apuntes biográficos/históricosFoi un arqueólogo e escritor galego. Co estalido da Guerra civil incorporouse á filas, e foi Comisario de Zona do "Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Nacional" desde o ano 1939 a 1945, coa misión de recuperación do patrimonio cultural. Ao final da guerra dedicouse á recuperación dos tesouros do patrimonio artístico xunto con Graciano Macarrón, Juan de Contreras e López de Ayala e o que sería arquitecto do Val dos Caídos, Pedro Muguruza. En 1940, Chamoso foi ratificado como "Delegado Inspector General de los Depósoitos dependientes del Servicio de Recuperación". En 1945 pasou a ser Comisario "I Zona do Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico", que incluía León, Asturias e Galicia. Desde 1967 dirixe o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, do cal foi fundador. Foi presidente da Real Academia Galega de Belas Artes e membro da Real Academia Galega e do Instituto de Estudios José Cornide Coruña. Wikipedia
Fuentes consultadas1. Catálogo de Autoridades da Biblioteca Nacional de España. XX847954. Visitado o día 7 de outubro de 2019
2. Lugo no obxectivo de Manuel Chamoso Lamas. Lugo : Deputación Provincial de Lugo, 1995.