Apuntes biográficos/históricosBisneto do xornalista Isidoro Araújo de Lira, e fillo do tamén xornalista Isidoro Bugallal. Estudou bacharelato en Alemaña e Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Colabora en medios locais como, El Noroeste, El Orzán ou Marineda, pero tamén noutros nacionais, como o ABC. Pero o seu vínculo fundamental é con El Ideal Gallego onde fixo a súa carreira como xornalista deportivo, co pseudónimo Marathon.