(Sar, Santiago de Compostela, España, 1862 - Nigrán, Pontevedra, España, 1918)
Apuntes biográficos/históricosFoi director da Escola de Obreiros do Círculo Católico da Coruña, onde ensinaba aos seus alumnos lingua e literatura galega, servindose de dous libros de Florencio Vaamonde Lores, algo nada habitual nesa época. Escribiu algunhas poesías galegas e colaborou coa Revista Gallega de Galo Salinas.
Formou parte da RAG dende o 4 de setembro de 1905, sendo un dos fundadores. Finou sendo mestre en Nigrán, antes de tomar posesión dunha praza no Concello de Lavadores, que xa tiña asignada.