(Boiro (A Coruña), España, 1889 - Vilagarcía de Arousa, España, 1980)
Apuntes biográficos/históricosFoi un xornalista, escritor e político galego. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi amigo persoal de Castelao (con quen fundou na súa xuventude a revista "Galicia Moza") e de Valle Inclán. En 1910 presidiu en Santiago a asociación Joven Galicia, que esixía a creación da cátedra de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa na Universidade e que se crease teatro en galego. Tamén foi redactor do periódico "La República". Pero a súa actividade máis importante é a de xornalista. Foi o primeiro director de "El Pueblo Gallego", dirixiu a revista deportiva "Los Deportes" (1927), ademais de colaborar en múltiples xornais e revistas. Figura destacada na Segunda República, participou nos gabinetes de Alejandro Lerroux, Portela Valladares e Casares Quiroga, con cargos como o de Director Xeral de Seguridade. A Guerra Civil obrigouno a exiliarse en Cuba, Venezuela e Santo Domingo, onde dirixiu o diario "La Nación" e escribiu, baixo a protección do ditador Rafael Leónidas Trujillo, o panexírico "Trujillo o la transfiguración dominicana". Foi, segundo Borobó, o único exiliado republicano galego que, xunto a Álvaro das Casas, se converteu ao franquismo no exilio.Volveu a España na década dos sesenta, da man do entón Ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne. Morreu en Vilagarcía de Arousa en 1980. Galipedia