Suscríbase a esta fuente

Nova xornada técnica na Biblioteca de Galicia

Escrito el 04-12-2019
  • Desde a Biblioteca de Galicia organizouse unha nova xornada técnica baixo o título “RDA: estado da cuestión”
  • Prazas cubertas, para inscribirse na lista de agarda, envíe un correo electrónico á dirección bibliotecadegalicia@xunta.gal.

A Biblioteca de Galicia inaugura unha exposición sobre encadernación e coleccionismo

Escrito el 25-11-2019
  • Primores do  Múltiplo: encadernación e coleccionismo na Biblioteca de Galicia poderase visitar do 21 de novembro do 2019 ata o 30 de xuño 2020.
  • Mª Luisa López-Vidreiro da Biblioteca  Bodoni – Universidade de Salamanca comisaría esta nova mostra que exhibe fondos procedentes das coleccións Abanca, Manuel Chamoso Lamas, Isaac Díaz Pardo e da Fundación Camilo José Cela, custodiados todos eles na Biblioteca de Galicia.

El Progreso de Lugo incorpórase a Galiciana

Escrito el 30-10-2019
  • O Grupo El Progreso e a Consellería de Cultura e Turismo dixitalizan os números do xornal de referencia para Lugo e súa provincia entre os anos 1941 e 1968.
  • En total dixitalizáronse 51.860 páxinas ás que se dará acceso aberto a través de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia.

Novos números dixitalizados (El Correo gallego, El Pueblo gallego)

Escrito el 25-10-2019
  • Terceira fase de dixitalización de El Correo gallego, amplíase o rango cronolóxico ata o 31 de decembro de 1955.

  • Ponse ao dispor da cidadanía a cabeceira completa de El Pueblo gallego, ampliándose o rango cronóloxico desde o 1 de xullo de 1971 ata o peche do xornal no ano 1979.

Novas dixitalizacións procedentes do Fondo Chamoso Lamas

Escrito el 17-10-2019
  • Incorpóranse a Galiciana-Biblioteca Dixital 39 dixitalizacións procedentes do Fondo Manuel Chamoso Lamas.
  • Trátase de monografías e folletos sobre a guerra civil española.

Nova xornada técnica “Bibliotecas especializadas e Centros de documentación”

Escrito el 31-05-2019

Desde a Biblioteca de Galicia organízase unha nova xornada técnica baixo o título “Bibliotecas especializadas e Centros de documentación”.

Prazas cubertas, para inscribirse na lista de agarda, enviar un correo electrónico á dirección bibliotecadegalicia@xunta.gal.

Novo micrositio Letras Galegas 2019

Escrito el 20-05-2019
  • Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia crea un novo micrositio dedicado a Antón Fraguas Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2019.
  • Para elaborar o micrositio realizouse un baleirado das publicacións periódicas que se atopan dixitalizadas en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia, recolléndose a labor como artículista deste prolítico autor.

Nuevas obras en formato ePub

Escrito el 22-04-2019
  • Galiciana-BDG incorpora ao seu catálogo 16 novas obras en formato ePub 
  • Para esta colección seleccionáronse títulos de autores fundamentais na historia da literatura galega

 

O patrimonio bibliográfico protagonista dunha nova xornada técnica na Biblioteca de Galicia

Escrito el 12-12-2018

A Biblioteca de Galicia organiza unha nova xornada técnica baixo o título “Redescubrindo” o patrimonio bibliográfico: situación actual e perspectivas de futuro.

Nova xornada técnica na Biblioteca de Galicia: "Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital”

Escrito el 22-05-2018
  • A Biblioteca de Galicia organiza unha nova xornada coa prensa histórica como protagonista.
  • Terá lugar o venres 8 de xuño entre as 09:30 e as 17:30 horas no Auditorio Xosé Neira Vilas do Edificio do Archivo e Biblioteca de Galicia.

A Biblioteca de Galicia impulsa a primeira recolección dos sitios web con dominio .gal

Escrito el 10-01-2018

A captura dos sitios web rexistrados co dominio galego, realizada pola Biblioteca Nacional de España, contribúe a preservar os contidos que ofrecen estas páxinas

Os máis de 140 GB de información recolectada pasan a formar parte da colección web de Galicia e do seu depósito legal electrónico

Carlos Casares en Galiciana

Escrito el 16-05-2017

A biblioteca dixital de Galicia incorpora 78 documentos dixitalizados do arquivo persoal de Carlos Casares

Esta dixitalización realizouse grazas á colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Carlos Casares, depositaria dos orixinais e permite dar acceso público a máis de 1.300 imaxes.

Xornada técnica na Biblioteca de Galicia

Escrito el 26-04-2017

Datos abertos enlazados en bibliotecas, arquivos e museos

A Biblioteca de Galicia pon en marcha o 19 de maio unha xornada técnica sobre datos abertos enlazados para bibliotecas, arquivos e museos.

Novos fondos dixitalizados da Biblioteca de Galicia

Escrito el 04-01-2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levou a cabo a dixitalización de 10.407 novos números de El Correo gallego e 3.467 de El Eco de Santiago. As 55.554 imaxes dixitalizadas poden consultarse xa en Galiciana-biblioteca dixital de Galicia.

Novos números dixitalizados de El Correo gallego

Escrito el 28-11-2016

A Biblioteca de Galicia é a depositaria, mediante convenio co Grupo Correo Gallego, da colección completa dunha das cabeceiras vivas máis destacas da nosa comunidade autónoma: El Correo gallego. Desde que esta colección chegou aos seus depósitos, un dos obxectivos da dirección da biblioteca foi o de poñer en marcha o proceso de dixitalización deste xornal, o cuarto máis antigo de España, e un dos máis consultados polos estudosos e investigadores.