• Accesibilidade
  • Mapa do portal
  • Contacto
  • Acceso usuarios
    • Galego
    • Castellano
    • English
    • Português
    Galiciana

    Galiciana: Biblioteca Dixital de Galicia

    $18n.text('Xunta de Galicia')
    • Inicio
      • Quen somos
      • Colaboradores
    • Consulta
    • Destacados
    • Hemeroteca
      • Publicacións periódicas por títulos
      • Publicacións periódicas por data
    • Usuarios
      • Participar
      • Contacto
      • Axuda
      • FAQ's
    • Datos abertos
      • Buscar materias
      • Buscar obxectos dixitais
      • SPARQL
      • Estatísticas
    Está en:  › Nova xornada técnica na Biblioteca de Galicia: "Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital”

    Desde a Biblioteca de Galicia estamos a organizar unha nova xornada técnica baixo o título “Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital”. Como ben se pode deducir, nesta ocasión a nosa protagonista será a prensa histórica e pretendemos achegarnos a ela desde diferentes eidos:

    - recompilacións e estudos sobre a historia da prensa galega
    - a prensa histórica como fonte de información
    - as novas tecnoloxías como ferramenta de preservación da prensa histórica

    A xornada terá lugar o venres 8 de xuño no Auditorio Xosé Neira Vilas do Edificio do Arquivo e Biblioteca de Galicia. Nesta ocasión o horario será de 9:30 a 17:30 horas, con dous descansos entre intervencións, o primeiro para un café entre as 11:30 e as 12:00 e o segundo para unha comida lixeira entre as 14:00 e as 15:30 h.

    Tanto a inscrición como os refrixerios programados na xornada serán de balde. Como nas xornadas anteriores a inscrición poderá realizarse, a partir de mañá, martes 22 de maio, e ata completar as 100 prazas dispoñibles, na web http://www.cidadedacultura.gal/gl .

    No seguinte enlace encontraredes máis información sobre a xornada:
    Programa "Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital”

    Agardamos a vosa asistencia.

     

    • Repositorio OAI-PMH
    • Linked Open Data Linked Open Data
    • Europeana Data Model Europeana Data Model
    • 
    • 
    Logo de la Biblioteca de Galicia

    Xunta de Galicia

    Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Secretaría Xeral de Cultura

    Oficina de rexistro e información Suxestións e queixas Atendémolo/la RSS

    Galicia