Apuntes biográficos/históricosXesús Rodríguez López, nado en Lugo o 28 de xullo de 1859 e finado o 24 de marzo de 1917, foi un médico e escritor en galego e castelán. Foi escritor de temas variados, pois ademais de obra literaria estrita novela, teatro e poesía, acometeu tamén o ensaio.
Rodríguez López, de nome oficial Jesús, naceu no seo dunha familia procedente de San Mamede de Lousada, en Guntín. En 1874 obtivo o título de bacharel, e a continuación trasladouse para Santiago de Compostela, onde realizou estudos de Medicina, que acabou en 1881. Volveu entón para Lugo, exercendo alí a profesión até o seu pasamento o 24 de marzo de 1917.
Rodríguez López participou no goberno municipal como concelleiro polo Partido Liberal.
Nos avatares da creación da Real Academia Galega, Xesús Rodríguez López foi elixido como un dos dous representantes por Lugo (o outro era Indalecio Varela Lenzano) para formar parte da comisión organizativa, que presidía Murguía, e que redactou os estatutos en 1904. O médico lucense foi un dos corenta académicos numerarios fundadores da institución.
Galipedia