(Santiago de Compostela, España, 1870 - Santiago de Compostela, España, 1948)
Apuntes biográficos/históricosFundou o xornal El Eco de Santiago, un dos máis importantes da época, onde asinaba baixo o seudónimo Diego de Muros, de orientación conservadora e moi vinculado ás posicións eclesiásticas. A súas campañas en defensa do patrimonio histórico foron determinantes na declaración de Compostela como monumento nacional.
El Eco de Santiago fusionouse en 1938 co xornal ferrolano El Corrego Gallego, cabeceira que continúa ata a actualidade.
Foi tamén conservador do Hostal dos Reis Católico e as súas investigacións levaron a importantes descubrimentos como a autoría de Antonio del Rincón dos retratos dos Reis Católicos ou a atribución a Goya do retrato de Carlos IV, todos na Sala Real do edificio.
En 1941 ingresou na Real Academia Galega, a proposta de Alejandro Barreiro Noya, Narciso Correal e Manuel Banet Fontenla. E en 1944, a proposta do Círculo Mercantil, foi nomeado cronista oficial da cidade.polo Concello de Santiago de Compostela.