• "Pelegrín" mascota oficial do ano Santo 1993... (Publicación: 1993)

    "Pelegrín" mascota oficial do ano Santo 1993... (Publicación: 1993)

    Carballo, Luis

  • Año Santo Compostelano   = Anne Sainte de Saint... (Publicación: 1982)

    Año Santo Compostelano = Anne Sainte de Saint... (Publicación: 1982)

    Vega, Eugenio de la

  • Todos con Santiago : 1999 Año Santo... (Publicación: 1999)

    Todos con Santiago : 1999 Año Santo... (Publicación: 1999)

    Permuy Asociados

  • Actos litúrxicos e xubilares : Misa do... (Publicación: 2020)

    Actos litúrxicos e xubilares : Misa do... (Publicación: 2020)

  • El Camino Portugués a Compostela Tuy, 24 marzo... (Publicación: 1984)

    El Camino Portugués a Compostela Tuy, 24 marzo... (Publicación: 1984)

  • Santiago de Compostela : guía del peregrino y... (Publicación: 1933)

    Santiago de Compostela : guía del peregrino y... (Publicación: 1933)

    López y López, Román

  • Boletín del Camino de Santiago (Publicación: 1985-1987)

    Boletín del Camino de Santiago (Publicación: 1985-1987)

  • Camino de Santiago = Les chemis de Saint... (Publicación: 1982)

    Camino de Santiago = Les chemis de Saint... (Publicación: 1982)

    García-Ochoa, J

  • Expositio Bullae Alexandri tertii de... (1599)

    Expositio Bullae Alexandri tertii de... (1599)

    Ramirez, Juan

  • Patrimonio arquitectónico, artístico e material... (Publicación: 2020)

    Patrimonio arquitectónico, artístico e material... (Publicación: 2020)

  • Programación cultural  : festas do Apóstolo... (Publicación: 2020)

    Programación cultural : festas do Apóstolo... (Publicación: 2020)

  • Rutas do Camiño de Santiago : de Santiago á fin... (Publicación: 2020)

    Rutas do Camiño de Santiago : de Santiago á fin... (Publicación: 2020)

XACOBEO

Historia ou lenda? A profunda crenza na presenza en Santiago de Compostela dos restos dun dos 12 apóstolos de Xesús fai da cidade galega un dos lugares icónicos da cristiandade. Roma, Xerusalén e Santiago convértense na principal referencia xeográfica das cidades santificadas pola presenza do Salvador ou dalgún dos seus discípulos.

A historia do achado da tumba do apóstolo, a creación da sede compostelán e o fenómeno das peregrinacións farán de Galicia a protagonista de multitude de impresos. A imaxinería e simboloxía en torno a Santiago Apóstolo e as tradicións que, no seu amparo, vanse desenvolvendo ao longo dos séculos encheron dende moi temperá as páxinas de moitos libros, que contribuiron a magnificar o fenómeno xacobeo.
"Xacobeo" é un adxectivo que se refire a todo o relacionado co apóstolo Santiago "O Maior". O termo provén de Jacob/Iacobus, o nome bíblico orixinal do apóstolo Santiago (Saint-Iacobus). O termo en galego e xa convertido en nome, -Xacobeo-, foi elixido a principios dos anos noventa do pasado século pola Xunta de Galicia como marca dun ambicioso programa promocional, cultural e turístico de dinamización do Camiño de Santiago, aproveitando a celebración relixiosa dos anos santos composteláns.
Neste ano 2021 no que Galicia celebra un novo Ano Santo, Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia únese á celebración presentando un novo micrositio dedicado ao fenómeno Xacobeo e á peregrinación á Santiago de Compostela. Trátase de facilitar a consulta reunindo nun só punto unha serie de documentos que se atopaban dispersos na nosa base de datos. En total reúnense 19.671 imaxes, que proveñen da dixitalización de 205 títulos e que teñen como temática o Camiño de Santiago, o Apóstolo e a cidade de Compostela. 
Polo tipoloxía documental, o grupo máis numeroso é o das monografías e folletos, nas que destacamos as que se dixitalizaron a partir do fondo que custodia a Asociación de Amigos de los Camiños de Santiago de Madrid, dixitalización que se fixo no marco das axudas que para tal fin convocou a AMTEGA durante os anos 2018-2019. Aparte das monografías e folletos, este centro achega a dixitalización doutro tipo de materiais como son os carteis, as publicacións periódicas e os mapas. 
Con cargo á mesma convocatoria de axudas da AMTEGA, a Televisión de Galicia elaborou 52 vídeos sobre os "Camiños de Santiago". Para elaborar estes 52 vídeos, a TVG utilizou o seu valioso arquivo de documentación audiovisual no que conserva gravacións sobre o Camiño de Santiago desde 1985 ata a actualidade. Nestes vídeos reflíctense as xentes, os edificios, as paisaxes, os acontecementos... O patrimonio audiovisual da CRTVG móstranos a nós mesmos, os galegos, pero tamén a todos os peregrinos, déixannos constancia da súa determinación e motivación, expresada moitas veces por eles mesmos. Peregrinaron a Santiago todo tipo de persoas en todo tipo de transportes, desde papas e reis en viaxes oficiais ata os cidadáns anónimos de calquera país, confirmando que o Camiño, ademais de arte e natureza, forma parte da espiritualidade e a cultura de Europa.
Nun micrositio sobre o Xacobeo non podían faltar as dixitalizacións que se realizaron sobre o fondo que custodia a biblioteca do Museo das Peregrinacións e de Santiago. Se recollen 7 monografías, 1 manuscrito e unha colección de 28 debuxos, onde destacan os documentos adicados á Orde de cabalería do Apóstolo Santiago, que fora creada para defensa do camiño e dos camiñantes no século XII.
Tampouco poden faltar nun micrositio que trate da cidade compostelá, os fondos custodiados pola biblioteca da Universidade de Santiago. Estos fondos están representados no novo micrositio a través de 8 documentos que tratan sobre o culto ao Apóstol e sobre historia da Catedral. 
Os fondos da Biblioteca de Galicia tamén se recollen neste novo micrositio, 39 títulos de monografías, postais e debuxos. Dentro destes fondos resultan moi interesantes os debuxos que Camilo Díaz Baliño lle dedicou á figura simbólica do Apóstolo e a cidade onde se atopa a súa tumba, Santiago de Compostela, coa que se sentía plenamente identificado. A partir de lendas como a da Raíña Lupa e a do Santo Grial, crea fermosas imaxes que quedarán vinculadas desde entón a Galicia como símbolos, como é o caso da "estrela do Apóstolo", que Camilo Díaz Baliño, sitúa nos seus debuxos sobre o Santo Grial, sobre todo en alegorías publicadas co gallo do 25 de xullo, Día de Santiago Apóstol e desde 1919, Día de Galicia. A partir deste momento, Galicia e Santiago forman en certo modo unha unidade que se vai a manter como tal ata os nosos días.

A historia do achado da tumba do Apóstolo, a creación da sede compostelán e o fenómeno das peregrinacións farán de Galicia a protagonista de multitude de impresos. A imaxinería e simboloxía en torno a Santiago Apóstolo e as tradicións que, no seu amparo, vanse desenvolvendo ao longo dos séculos encheron dende moi temperá as páxinas de moitos libros, que contribuiron a magnificar o fenómeno xacobeo.

"Xacobeo" é un adxectivo que se refire a todo o relacionado co apóstolo Santiago "O Maior". O termo provén de Jacob/Iacobus, o nome bíblico orixinal do apóstolo Santiago (Saint-Iacobus). O termo en galego e xa convertido en nome, -Xacobeo-, foi elixido a principios dos anos noventa do pasado século pola Xunta de Galicia como marca dun ambicioso programa promocional, cultural e turístico de dinamización do Camiño de Santiago, aproveitando a celebración relixiosa dos anos santos composteláns.

Neste ano 2021 no que Galicia celebra un novo Ano Santo, Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia únese á celebración presentando un novo micrositio dedicado ao fenómeno Xacobeo e á peregrinación á Santiago de Compostela. Trátase de facilitar a consulta reunindo nun só punto unha serie de documentos que se atopaban dispersos na nosa base de datos. En total reúnense 19.709 imaxes, que proveñen da dixitalización de 207 títulos e que teñen como temática o Camiño de Santiago, o Apóstolo e a cidade de Compostela. 