Como buscar no Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia

Nos videotitoriais de embaixo explícase como facer buscas no Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia, convén revisalos para explotar todas as opcións o mellor posible: 

-1ª parte: Onde imos buscar?.

Neste vídeo faise unha introdución ás buscas no catálogo, como está constituída a base de datos de Galiciana e formúlanse as necesidades principais, para en función destas, facer as limitacións pertinentes. Así podes ser máis consciente do que debes facer para localizar o que andas a buscar.

 

-2ª parte: Busca asistida.

É a busca que aparece no catálogo por defecto, no vídeo explícase como utilizala: as buscas polos diferentes campos, refinar os resultados por facetas, como utilizar os operadores booleanos (e, ou, non), a busca por palabra clave, buscas exactas e truncamentos.

-3º parte: Busca avanzada e como gardar as buscas.

As buscas avanzadas permiten maior complexidade nas buscas, no vídeo ofrécese unha explicación para tirar máis partido delas, tamén se expoñen as diferentes opcións de visibilidade dos resultados. Gardar as buscas permite exportar os resultados que nos interesen a un correo ou a un ficheiro do noso ordenador.

-4ª parte: A miña biblioteca.

A sesión personalizada do catálogo é o que chamamos "a miña biblioteca", unha vez que nos identificamos o catálogo ofrece moitas máis opcións de tratamento das nosas buscas e resultados: garda as nosas consultas, poden crearse e gardarse bibliografías personalizadas.