O Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia (CCPBG) tenta recoller a descrición dos documentos que conforman este patrimonio. O Patrimonio Bibliográfico de Galicia é un concepto xurídico, definido na lexislación vixente (Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia) e que podemos resumir como segue :
Fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas de especial valor cultural. Así como as obras literarias, históricas, científicas ou artísticas, tamén de especial valor cultural, tanto se son impresas, manuscritas, fotográficas, cinematográficas, fonográficas ou magnéticas, de carácter unitario ou seriado en calquera tipo de soporte e independentemente da técnica utilizada para a súa creación ou reprodución, nas que concorra algunha das seguintes circunstancias:
A propia lexislación (Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia) obriga á Administración a protexer, conservar, acrecentar, difundir e fomentar o patrimonio galego. Por iso dispón entre as funcións da Biblioteca de Galicia a de colaborar na elaboración e actualización permanente do Catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico de Galicia, así como doutros posibles instrumentos de acceso común á información bibliográfica ou de acceso ao documento.
Ademais obriga ás bibliotecas pertencentes ao Sistema Galego de Bibliotecas a comunicar á Biblioteca de Galicia a tenza de obras ou fondos bibliográficos integrantes do patrimonio bibliográfico de Galicia.
O CCPBG comeza a súa andadura en novembro de 1986, como parte dun proxecto más amplo a nivel estatal que é o Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Español (CCPB), co que segue a colaborar actualmente.
O micrositio do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico de Galicia, dentro de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia, permite acceder a todas as descricións do catálogo desde un só punto.
Considerouse que Galiciana-BDG sería unha boa plataforma para dar acceso a toda a información do patrimonio bibliográfico galego acumulada durante máis de tres décadas e que estivo dispersa en diferentes soportes e bases de datos durante moitos anos. A decisión de compartir o mesmo sistema de xestión bibliotecaria ca biblioteca dixital baseouse no obxectivo de conseguir que cada vez máis obras incluídas no CCPBG poidan consultarse na súa versión dixital
-A nivel autonómico :
-A nivel estatal :