• La guerra en las trincheras de Madrid (1937?)

    La guerra en las trincheras de Madrid (1937?)

    Bajatierra, Mauro

  • Madrid es nuestro  : (60 crónicas de su defensa) (1938)

    Madrid es nuestro : (60 crónicas de su defensa) (1938)

  • Madrid : la destrucció de Madrid = la... (1937)

    Madrid : la destrucció de Madrid = la... (1937)

  • Álbum [aos heroicos lutadores anti-fascistas... (1938)

    Álbum [aos heroicos lutadores anti-fascistas... (1938)

  • Cartilla escolar antifascista (1937)

    Cartilla escolar antifascista (1937)

  • Ayuda a la mujer (1936?)

    Ayuda a la mujer (1936?)

  • Palabras ¡no!, ¡hechos!. : [¿quieres ganar la... (1936-1939)

    Palabras ¡no!, ¡hechos!. : [¿quieres ganar la... (1936-1939)

 

Fondo Manuel Chamoso Lamas
A Biblioteca de Galicia conta entre os seus fondos cunha interesante colección de documentos publicados durante a guerra civil española polo bando republicano. Este fondo adquíreo a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia no ano 1988 á viúva do seu creador, Manuel Chamoso Lamas. Posteriormente, será depositado no Museo Carlos Maside e devolto á Biblioteca de Galicia no ano 2011 cando Isaac Díaz Pardo deposita o seu propio fondo. Está composto por 175 pezas e abarca unha ampla variedade de tipos documentais: monografías e folletos, publicacións periódicas, debuxos, láminas, postais e fotografías. Ata o momento dixitalizáronse un total de 68 pezas, case todas elas monografías e folletos, que Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia presenta agora agrupadas nun novo micrositio, facilitando así a consulta de todos estes materiais.
Monografías e folletos.  Descata, dentro desta tipoloxía documental, un exemplar da primeira edición da "Cartilla escolar antifascista", un libro para que os milicianos aprendesen a ler ao mesmo tempo que os alentaba na súa loita con mensaxes ideolóxicas e fermosas ilustracións. O texto redactárono o Inspector de Primeiro Ensino e destacado pedagogo republicano andaluz Fernando Saínz Ruiz (1889-1957), e o xornalista e director de "Mundo Obrero" durante a Guerra Civil, Eusebio Gutiérrez Cimorra (1908-2007). O deseño e as ilustracións son obra de Mauricio Amster (1907-1980), tipógrafo e artista gráfico de orixe xudía polaca, considerado un dos deseñadores máis influíntes de España e Chile, mentres que as fotomontaxes son da autoría do cineasta e fotógrafo das Misións Pedagóxicas José Val del Omar (1904-1982) e do pintor e cartelista José Calandín Guzmán. Estas cartillas convertíronse na ferramenta de traballo máis importante das "Milicias da Cultura", creadas polo Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes en 1937, dentro da campaña republicana de erradicación do analfabetismo.
Tamén destacan polo seu número e a importancia dos autores, os exemplares de poesía sobre a Guerra, como "Romancero de la Guerra Civil", "Zafarrancho de España", "Poetas en la España leal", "Viento del pueblo‎‎: poesía en la guerra", "Poesía en las trincheras", "Llanto en la sangre‎‎‎: romances 1933-1936", etc., que recollen poemas de Manuel Altolaguirre, Lorenzo Varela, Vicente Aleixandre, Antonio Machado, Rafael Alberti, Luís Cernuda ou Miguel Hernández.
Outro grupo de publicacións que merecen especial atención son as crónicas que narran os sucesos ocorridos durante a Guerra en diferentes lugares de España: "La Guerra en las trincheras de Madrid‎‎", "Guerra Civil en Asturias", "Madrid es nuestro: (60 crónicas de su defensa)", "La toma de Teruel" ou "De julio a julio‎: un año de lucha". Dentro desta última crónica, hai un capítulo dedicado a Galicia e titulado: "19 de julio en Galicia" escrito por Claro J. Sendón, un propagandista anarquista e anarcosindicalista galego.
Outros interesantes documentos son os publicados polo Ministerio de Traballo e Asistencia Social e polo Ministerio de Propaganda. Tamén destacan os folletos con discursos dalgúns destacados personaxes da época, como o Presidente da Generalitat de Catalunya, Lluís Companys, ou o Presidente da República, Manuel Azaña. 
Os libros ilustrados tamén foron obxecto de dixitalización: Guadalajara!, "Un año de las Brigadas Internacionales" ou "Madrid", un libro de fotografías sobre a destrución causada na cidade polos bombardeos e editado en varios idiomas (catalán, castelán, francés e inglés).
Materiais especiais. Entre os materiais chamados "especiais" dixitalizouse un curioso caderno de postais editado polo Núcleo Cultural Portuguez de Madrid dedicado aos soldados portugueses que morreron na fronte desta cidade.
Todos estes documentos foron recollidos por Manuel Chamoso Lamas, un arqueólogo e escritor galego nado en Cuba. Durante a Guerra Civil incorpórase a filas participando no "Servizo de Recuperación Militar" nas frontes de Madrid e Levante coa misión de recuperar o patrimonio cultural. Durante a postguerra seguiu participando nos labores de recuperación do patrimonio, ocupando diversos cargos. O seu traballo será fundamental para a cidade de Santiago de Compostela, xa que participa nas escavacións do subsolo da Catedral dando como resultado o descubrimento da tumba e lauda sepulcral do bispo Teodomiro de Iria, a quen se atribuía desde antigo o descubrimento e a confirmación do sepulcro do Apóstolo. Ademais deste importante achado sobre a orixe do santuario compostelán, Chamoso Lamas contribuirá a descubrir e recuperar as cubertas de pedra tal e como as podemos contemplar hoxe en día. O seu labor non se limitou a intervencións na Catedral, se non que abarca todo o centro histórico compostelán, ao tomar medidas para garantir a súa conservación, aínda que para iso tivese que superar duros enfrontamentos. En 1967 dirixe o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, do que foi fundador. Foi presidente da Real Academia Galega de Belas Artes e membro da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos coruñeses José Cornide. 

 

Fondo Manuel Chamoso Lamas

 

A Biblioteca de Galicia conta entre os seus fondos cunha interesante colección de documentos publicados durante a guerra civil española polo bando republicano. Este fondo adquíreo a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia no ano 1988 á viúva do seu creador, Manuel Chamoso Lamas. No ano 2018 a Biblioteca de Galicia completa a catalogación das 175 pezas que forman esta colección. Desde o punto de vista da tipoloxía documental, atopamos unha ampla variedade: monografías e folletos, publicacións periódicas, debuxos, láminas, postais e fotografías. Ata o momento dixitalizáronse un total de 68 pezas, xa que as restantes ainda teñen os dereitos de autor vixentes. Trátase fundamentalmente de monografías e folletos, que Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia presenta agora agrupadas nun novo micrositio, facilitando así a consulta de todos estes materiais.

 


Monografías e folletos.  Descata, dentro desta tipoloxía documental, un exemplar da primeira edición da Cartilla escolar antifascista, un libro para que os milicianos aprendesen a ler ao mesmo tempo que os alentaba na súa loita con mensaxes ideolóxicas e fermosas ilustracións. O texto redactárono o Inspector de Primeiro Ensino e destacado pedagogo republicano andaluz Fernando Saínz Ruiz (1889-1957), e o xornalista e director de "Mundo Obrero" durante a Guerra Civil, Eusebio Gutiérrez Cimorra (1908-2007). O deseño e as ilustracións son obra de Mauricio Amster (1907-1980), tipógrafo e artista gráfico de orixe xudía polaca, considerado un dos deseñadores máis influíntes de España e Chile, mentres que as fotomontaxes son da autoría do cineasta e fotógrafo das Misións Pedagóxicas José Val del Omar (1904-1982) e do pintor e cartelista José Calandín Guzmán. Estas cartillas convertíronse na ferramenta de traballo máis importante das "Milicias da Cultura", creadas polo Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes en 1937, dentro da campaña republicana de erradicación do analfabetismo.

 

 

Tamén destacan polo seu número e a importancia dos autores, os exemplares de poesía sobre a Guerra, como Romancero de la Guerra Civil, Zafarrancho de España, Poetas en la España leal, Viento del pueblo‎‎: poesía en la guerra, Poesía en las trincheras, Llanto en la sangre‎‎‎: romances 1933-1936, etc., que recollen poemas de Manuel Altolaguirre, Lorenzo Varela, Vicente Aleixandre, Antonio Machado, Rafael Alberti, Luís Cernuda ou Miguel Hernández.

 


Outro grupo de publicacións que merecen especial atención son as crónicas que narran os sucesos ocorridos durante a Guerra en diferentes lugares de España: La Guerra en las trincheras de Madrid‎‎, Guerra Civil en Asturias, Madrid es nuestro: (60 crónicas de su defensa), La toma de Teruel ou De julio a julio‎: un año de lucha. Dentro desta última crónica, hai un capítulo dedicado a Galicia e titulado: "19 de julio en Galicia" escrito por Claro J. Sendón, un propagandista anarquista e anarcosindicalista galego.

 


Outros interesantes documentos son os publicados polo Ministerio de Traballo e Asistencia Social e polo Ministerio de Propaganda. Tamén destacan os folletos con discursos dalgúns destacados personaxes da época, como o Presidente da Generalitat de Catalunya, Lluís Companys, ou o Presidente da República, Manuel Azaña

 

 

Os libros ilustrados tamén foron obxecto de dixitalización: Guadalajara!, Un año de las Brigadas Internacionales ou Madrid, un libro de fotografías sobre a destrución causada na cidade polos bombardeos e editado en varios idiomas (catalán, castelán, francés e inglés).

Materiais especiais. Entre os materiais chamados "especiais" dixitalizouse un curioso caderno de postais editado polo Núcleo Cultural Portuguez de Madrid dedicado aos soldados portugueses que morreron na fronte desta cidade.

 

 

Todos estes documentos foron recollidos por Manuel Chamoso Lamas, un arqueólogo e escritor galego nado en Cuba. Durante a Guerra Civil incorpórase a filas participando no "Servizo de Recuperación Militar" nas frontes de Madrid e Levante coa misión de recuperar o patrimonio cultural. Durante a postguerra seguiu participando nos labores de recuperación do patrimonio, ocupando diversos cargos. O seu traballo será fundamental para a cidade de Santiago de Compostela, xa que participa nas escavacións do subsolo da Catedral dando como resultado o descubrimento da tumba e lauda sepulcral do bispo Teodomiro de Iria, a quen se atribuía desde antigo o descubrimento e a confirmación do sepulcro do Apóstolo. Ademais deste importante achado sobre a orixe do santuario compostelán, Chamoso Lamas contribuirá a descubrir e recuperar as cubertas de pedra tal e como as podemos contemplar hoxe en día. O seu labor non se limitou a intervencións na Catedral, se non que abarca todo o centro histórico compostelán, ao tomar medidas para garantir a súa conservación, aínda que para iso tivese que superar duros enfrontamentos. En 1967 dirixe o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, do que foi fundador. Foi presidente da Real Academia Galega de Belas Artes e membro da Real Academia Galega e do Instituto de Estudos coruñeses José Cornide.