Suscríbase a esta fuente

A Biblioteca de Galicia impulsa a primeira recolección dos sitios web con dominio .gal

Escrito el 10-01-2018

A captura dos sitios web rexistrados co dominio galego, realizada pola Biblioteca Nacional de España, contribúe a preservar os contidos que ofrecen estas páxinas

Os máis de 140 GB de información recolectada pasan a formar parte da colección web de Galicia e do seu depósito legal electrónico

Carlos Casares en Galiciana

Escrito el 16-05-2017

A biblioteca dixital de Galicia incorpora 78 documentos dixitalizados do arquivo persoal de Carlos Casares

Esta dixitalización realizouse grazas á colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Carlos Casares, depositaria dos orixinais e permite dar acceso público a máis de 1.300 imaxes.

Xornada técnica na Biblioteca de Galicia

Escrito el 26-04-2017

Datos abertos enlazados en bibliotecas, arquivos e museos

A Biblioteca de Galicia pon en marcha o 19 de maio unha xornada técnica sobre datos abertos enlazados para bibliotecas, arquivos e museos.

Novos fondos dixitalizados da Biblioteca de Galicia

Escrito el 04-01-2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levou a cabo a dixitalización de 10.407 novos números de El Correo gallego e 3.467 de El Eco de Santiago. As 55.554 imaxes dixitalizadas poden consultarse xa en Galiciana-biblioteca dixital de Galicia.

Novos números dixitalizados de El Correo gallego

Escrito el 28-11-2016

A Biblioteca de Galicia é a depositaria, mediante convenio co Grupo Correo Gallego, da colección completa dunha das cabeceiras vivas máis destacas da nosa comunidade autónoma: El Correo gallego. Desde que esta colección chegou aos seus depósitos, un dos obxectivos da dirección da biblioteca foi o de poñer en marcha o proceso de dixitalización deste xornal, o cuarto máis antigo de España, e un dos máis consultados polos estudosos e investigadores.