Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia presenta un novo micrositio que recolle as obras dixitalizadas do fondo "Chamoso Lamas" cuxos orixinais se conservan na Biblioteca de Galicia. 
Manuel Chamoso Lamas nacía un 16 de maio de fai cento doce anos na Habana, pois era fillo de emigrantes, pero desde os catro anos residirá en Galicia, concretamente en Moldes, no concello de Boborás, onde foi veciño de Antón Losada Diéguez, que lle deu clase. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde foi alumno de Castelao na asignatura de debuxo. Fixo o doutorado en Filosofía e Letras e Dereito en Santiago de Compostela e Madrid, nesta última cidade recibiu clases de Eugeni d'Ors e José Ortega y Gasset. Durante a Guerra Civil foi Comisario de Zona do "Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Nacional" coa misión de recuperar o patrimonio cultural. Durante a postguerra seguiu participando nos labores de recuperación do patrimonio, ocupando diversos cargos. O seu traballo como arqueólogo foi fundamental para a cidade de Santiago de Compostela e a súa Catedral participando nas excavacións que permitiron descubrir a tumba e lauda sepulcral do bispo Teodomiro de Iria. Outro importante achado o constitúe o descubrimento e recuperación as cubertas de pedra da Catedral tal e como as coñecemos hoxe en día. A contribución de Chamoso Lamas ao coñecemento e conservación do patrimonio cultural de Santiago de Compostela e das rutas xacobeas o leva a dirixir o Museo das Peregrinacións desta cidade. Foi presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, que conserva dentro dos seus fondos a colección particular de fotografías que Manuel Chamoso Lamas legou a esta institución e que mostran o traballo desenvolvido ao longo de toda unha vida dedicada á conservación e difusión do patrimonio artístico español, e moi especialmente do patrimonio artístico galego.
O fondo obxecto de dixitalización e reunido neste novo micrositio, está formado por unha interesante colección de documentos publicados durante a guerra civil española polo bando republicano. Os xéneros tratados abarcan un amplo abano: poesía escrita na Fronte, crónicas de guerra, folletos propagandísticos, discursos dalgúns destacados personaxes da época ou libros ilustrados sobre as Brigadas Internacionais ou sobre a destrución que causaron os bombardeos na cidade de Madrid. Todos eles teñen como eixo central a defensa da causa republicana e o apoio moral e material ás tropas e aos cidadáns que se sitúan na retagarda. Esta colección a adquire a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia no ano 1988 á viúva do seu creador, Manuel Chamoso Lamas. No ano 2018 a Biblioteca de Galicia completa a catalogación das 175 pezas que forman esta colección. Ata o momento dixitalizáronse un total de 68 pezas, xa que as restantes ainda teñen os dereitos de autor vixentes. Trátase fundamentalmente de monografías e folletos, que Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia presenta agora agrupadas nun novo micrositio, facilitando así a consulta de todos estes materiais.

Manuel Chamoso Lamas nacía un 16 de maio de fai cento doce anos na Habana, pois era fillo de emigrantes, pero desde os catro anos residirá en Galicia, concretamente en Moldes, no concello de Boborás, onde foi veciño de Antón Losada Diéguez, que lle deu clase. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde foi alumno de Castelao na asignatura de debuxo. Fixo o doutorado en Filosofía e Letras e Dereito en Santiago de Compostela e Madrid, nesta última cidade recibiu clases de Eugeni d'Ors e José Ortega y Gasset. Durante a Guerra Civil foi Comisario de Zona do "Servicio de Defensa del Patrimonio Artístico Nacional" coa misión de recuperar o patrimonio cultural. Durante a postguerra seguiu participando nos labores de recuperación do patrimonio, ocupando diversos cargos. O seu traballo como arqueólogo foi fundamental para a cidade de Santiago de Compostela e a súa Catedral participando nas excavacións que permitiron descubrir a tumba e lauda sepulcral do bispo Teodomiro de Iria. Outro importante achado o constitúe o descubrimento e recuperación as cubertas de pedra da Catedral tal e como as coñecemos hoxe en día. A contribución de Chamoso Lamas ao coñecemento e conservación do patrimonio cultural de Santiago de Compostela e das rutas xacobeas o leva a dirixir o Museo das Peregrinacións desta cidade. Foi presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, que conserva dentro dos seus fondos a colección particular de fotografías que Manuel Chamoso Lamas legou a esta institución e que mostran o traballo desenvolvido ao longo de toda unha vida dedicada á conservación e difusión do patrimonio artístico español, e moi especialmente do patrimonio artístico galego.

O fondo obxecto de dixitalización e reunido neste novo micrositio, está formado por unha interesante colección de documentos publicados durante a guerra civil española polo bando republicano. Os xéneros tratados abarcan un amplo abano: poesía escrita na fronte, crónicas de guerra, folletos propagandísticos, discursos dalgúns destacados personaxes da época ou libros ilustrados sobre as Brigadas Internacionais ou sobre a destrución que causaron os bombardeos na cidade de Madrid. Todos eles teñen como eixo central a defensa da causa republicana e o apoio moral e material ás tropas e aos cidadáns que se sitúan na retagarda. Esta colección a adquire a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia no ano 1988 á viúva do seu creador, Manuel Chamoso Lamas. No ano 2018 a Biblioteca de Galicia completa a catalogación das 175 pezas que forman esta colección. Ata o momento dixitalizáronse un total de 68 pezas, xa que as restantes ainda teñen os dereitos de autor vixentes. Trátase fundamentalmente de monografías e folletos, que Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia presenta agora agrupadas nun novo micrositio, facilitando así a consulta de todos estes materiais.