As bibliotecas dos Museos de Galicia son unhas grandes descoñecidas para o público en xeral. A Secretaría Xeral de Cultura quere contribuír ao seu coñecemento poñendo en marcha proxectos de dixitalización que dean visibilidade ás xoias do patrimonio bibliográfico galego que se custodian nestas bibliotecas.

Este primeiro proxecto, resultado da colaboración entre a Biblioteca de Galicia, o Museo Massó e o Museo das Peregrinacións e de Santiago, supuxo a dixitalización de máis de 19.800 páxinas que se poñen agora a disposición de todos os cidadán a través de Galiciana.

Na biblioteca do Museo de Peregrinacións e de Santiago, onde se poden atopar fondos relacionados ca historia da cidade de Santiago, a figura do apóstolo e o fenómeno das peregrinacións, dixitalizáronse 20 das súas obras de fondo antigo máis destacadas.

regla_monografia historia_apostol regla_manuscrito dibujos-trajes

A biblioteca do Museo Massó (Bueu, Pontevedra) conta cunha das coleccións de incunables máis importantes de Galicia, destacando tamén polo seu fondo de temas marítimos e navais. Nela realizouse a dixitalización de 39 obras, entre manuscritos e monografías, incluíndo 15 dos seus incunables.

arte_navegar sei_libri liber_chronicarum tratado_vida arte_cocina