O Consello de Cooperación Bibliotecaria, dependente do Ministerio de Cultura, acaba de publicar as súas "Recomendaciones para Proyectos de Digitalización de Patrimonio Bibliográfico y Fotografía histórica". Este documento é froito da actividade do Grupo de Traballo de Boas Prácticas en Dixitalización, conformado por expertos en dixitalización, fotografía, biblioteca dixital e fototeca histórica, de diversas institucións españolas (Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, Biblioteca Nacional, Universidade Carlos III, Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia, Fundación para la Etnografía y el Desarrollo de la Artesanía Canaria (FEDAC), Universidade de Valencia e Universidade das Palmas de Gran Canaria. 
Este traballo pretende ser unha guía e referencia para aquelas institucións ou empresas que xestionen ou executen proxectos de dixitalización de fondos patrimoniais no ámbito español e latinoamericano. 
O documento aborda a dixitalización de todo tipo de materiais textuais, impresos, gráficos e cartográficos como poden ser libros, xornais, revistas, mapas, debuxos, gravados, partituras, manuscritos,  microfilms, etc. e todo tipo de materiais fotográficos. 
Cóbrense ademais, neste traballo, todas as fases dos proxectos de dixitalización de patrimonio bibliográfico e fotografía histórica, desde a planificación inicial ata a entrega dos materiais dixitalizados. Isto inclúe, entre outras cousas, a selección de materiais, os espazos de traballo, a preparación e elección dos equipos, a manipulación dos documentos, o transporte dos materiais, os procesos e parámetros de captura, o procesamento de imaxes, a xestión da cor, o recoñecemento óptico de caracteres, a xeración de copias, os metadatos asociados, a estrutura de cartafoles e o nomeado de arquivos, a documentación dos proxectos e a súa planificación e avaliación.
Grazas a isto, estas "Recomendacións" poden servir tanto a xestores que teñan que planificar ou avaliar proxectos de dixitalización, ou redactar plans ou políticas para este tipo de proxectos, como para o persoal técnico que teña que levalos a cabo. Aínda que foron redactadas por persoal de institucións públicas con fondos patrimoniais, tamén poden ser útiles para institucións privadas, empresas ou particulares. 
Ademais, aínda que se fai especial fincapé na consideración dos materiais como obxectos históricos, e por tanto, na importancia de conseguir reproducións fieis dos orixinais, tivéronse en conta, sobre todo no referente á fotografía histórica, que existen contextos ou ocasións nos que outras metodoloxías poden ser necesarias ou válidas. Pretendeuse, en definitiva, que estas recomendacións sirvan para todo tipo de proxectos de dixitalización de materiais bibliotecarios e fotográficos.

O Consello de Cooperación Bibliotecaria, dependente do Ministerio de Cultura, acaba de publicar as súas Recomendaciones para Proyectos de Digitalización de Patrimonio Bibliográfico y Fotografía histórica. Este documento é froito da actividade do Grupo de Traballo de Boas Prácticas en Dixitalización, conformado por expertos en dixitalización, fotografía, biblioteca dixital e fototeca histórica, de diversas institucións españolas (Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria, Biblioteca Nacional, Universidade Carlos III, Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia, Fundación para la Etnografía y el Desarrollo de la Artesanía Canaria (FEDAC), Universidade de Valencia e Universidade das Palmas de Gran Canaria. 

Este traballo pretende ser unha guía e referencia para aquelas institucións ou empresas que xestionen ou executen proxectos de dixitalización de fondos patrimoniais no ámbito español e latinoamericano. 

O documento aborda a dixitalización de todo tipo de materiais textuais, impresos, gráficos e cartográficos como poden ser libros, xornais, revistas, mapas, debuxos, gravados, partituras, manuscritos,  microfilms, etc. e todo tipo de materiais fotográficos. 

Cóbrense ademais, neste traballo, todas as fases dos proxectos de dixitalización de patrimonio bibliográfico e fotografía histórica, desde a planificación inicial ata a entrega dos materiais dixitalizados. Isto inclúe, entre outras cousas, a selección de materiais, os espazos de traballo, a preparación e elección dos equipos, a manipulación dos documentos, o transporte dos materiais, os procesos e parámetros de captura, o procesamento de imaxes, a xestión da cor, o recoñecemento óptico de caracteres, a xeración de copias, os metadatos asociados, a estrutura de cartafoles e o nomeado de arquivos, a documentación dos proxectos e a súa planificación e avaliación.

Grazas a isto, estas Recomendacións poden servir tanto a xestores que teñan que planificar ou avaliar proxectos de dixitalización, ou redactar plans ou políticas para este tipo de proxectos, como para o persoal técnico que teña que levalos a cabo. Aínda que foron redactadas por persoal de institucións públicas con fondos patrimoniais, tamén poden ser útiles para institucións privadas, empresas ou particulares. 